Don Albino Núñez. O corazón no Ribeiro
Hai pouco máis dun ano tiven a sorte de que Xesús Alonso Montero me fixese un agasallo que está agora entre os meus tesouros máis prezados. Trátase do libro ALBINO NÚÑEZ, ENSAIOS E ARTIGOS (1956-1973), unha colectánea dos traballos en prosa de don Albino Núñez (A Mezquita 1901, Ourense 1974), escritor, pedagogo e poeta ourensán. Os libros que nos fan melloresFoi unha feliz casualidade a que fixo que chegase este libro ás miñas mans. Cando, alá por abril, Xesús Alonso Montero aceptou gustoso a invitación que lle fixo Avelino Muleiro para presentar o meu libro Nomes do Ribeiro en Vigo, quedamos para tomar un café na Casa do Libro, e falar un pouco de como sería o acto. Xesús non se esqueceu de traernos un agasallo: o libro Ensaios e Artigos (1956-1973) de Albino Núñez. É o libro sobre o que quero facer algún apunte nesta primeira entrega do meu caderno de notas. Albino Núnez recibe unha homenaxe dos alumnos do colexio que leva o seu nomeOs alumnos do Colexio Albino Núñez de Casar do Mato organizaron o día 5 de xuño de 2008 un acto de homenaxe para lembrar a figura do profesor e pedagogo que dá nome á súa institución. Un roteiro conmemorativo e unha conferencia do seu fillo, Albino Núñez Rodríguez, centraron a xornada, na que tamén participaron representantes políticos e ex alumnos do homenaxeado. Presentación na Casa de Curros EnriquezO martes, 13 de maio de 2008, ás 20.00 horas, na Casa Museo de Curros Enríquez de Celanova (Ourense), foron presentados os dous primeiros volumes da obra de Albino Núñez Domínguez: Romances da Terra Maina e Ensaios e Artigos, 1956-1973.
Vídeo Notas de Prensa: Presentado el libro "Ensaios e Artigos, 1956 - 1973"O día 21 de abril de 2008 presentouse o libro Ensaios e Artigos, 1956 - 1973, de Albino Núñez Domínguez.
Notas de prensa Vento do LesteVento do Leste, a revista de Cultura, arte e sociedade da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya, dedica un interesante artigo de tres páxinas a Albino Núñez Domínguez no seu número 17 (xullo de 2007).
Recital Poético na Casa de Curros EnríquezO día 27 de xullo con motivo do ‘IV Trofeo Ibérico de Acordeón’ celebrouse na Casa de Curros Enríquez (Celanova) un recital poético de autores galego-portugueses a cargo de Raúl Duarte. No programa, varias poesías de Albino Núñez Domínguez.
Presentación de "Romances da terra maina"O mércores 20 de xuño de 2007 presentouse, no Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense (antigo edificio Simeón) a primeira edición do libro de poesía de Albino Núñez "Romances da terra maina", editado por Armonía Universal.
Albino Núñez Domínguez en WikipediaEstá dispoñible a biografía de Albino Núñez Domínguez nas seguintes Wikipedia: |
Novidades
|