O libro

"Don Albino é un poeta de estro e de feitura literaria tradicional, como o eran, antes de 1963, Noriega Varela, Gonzalo López Abente ou Victorino Taibo, excelentes poetas, cada undeles ó seu xeito. Nunca é don Albino un poeta artificial. Xorden sempre os seus versos dunha motivación vital importante, e eses versos, dentro dun discurso literario tradicional, expresan, con temple poético, esa autenticidade. Aínda hoxe lemos con fruición boa parte deses poemas. Os lectores de hoxe que non sexan moi pedantes nin moi posmodernos, lerán con gusto estas páxinas; moitas delas, por outra parte, documento cálido dun tempo que non está moi lonxe. Tamén don Albino –lector de Curros Enríquez, de Lamas Carvajal e doutros conxéneres– foi musa denunciadora e solidaria. [...]

Hoxe saudamos este excelente poemario, Romances da terra maina, que nos descobre un poeta descoñecido durante máis de catro décadas. Os amantes da condición poética dos versos, non ofuscados por ningún novo “gay trinar”, agradecerán estas páxinas escritas por un poeta que transmitía bondade, sinxeleza e, ás veces, maino idealismo."

X. Alonso Montero, extracto do prólogo.